top of page

ATRÉVESTE CUN TRABALINGUAS?

Unha vella mufella - Patricia Aldao
00:00 / 00:00
traba.jpg

Unha vella mufella mufella fifirifella de mi carantella
tivo un fillo mufillo mufillo fifirifillo de mi carantillo.
Mandouno á caza mufaza mufaza fifirifaza de mi carantaza.
Trouxo un coello mufello mufello fifirifello de mi carantello.
Botouno ó canizo mufizo mufizo fifirifizo de mi carantizo.

Esta semana imos xogar coa lingua! Imos exercitala para mantela en forma!

 

Sabías que os trabalinguas son un dos exercicios que máis practican os cantantes para mellorar a dicción e técnica vocal?  Os cantantes (tamén os actores e actrices, monologuistas, cómicos/as ou calquera profesión que implique o uso da voz) deben pronunciar as palabras con moita claridade. Se estas non se entenden, a canción ou todo o espectáculo perde o seu sentido, xa que se perde a comunicación!

Veña! esta semana imos darlle moito á lingua! Preparados? 

Eu xa estiven practicando! Escoita!

E vos? Sabedes algún trabalinguas? Podedes practicar este ou un que saibades, despois buscade outro. No seguinte enlace tedes moitos! https://orellapendella.gal/category/trabalinguas/ 

 

 

Cando practiquedes gravade un audio cun móbil, tablet ou no ordenador, e enviádemo a

musicasofan@gmail.com 

 

Practicamente todos os dispositivos traen de serie unha aplicación para grabar! Se non sabes como facelo, ou envialo escribídeme e axúdovos! A modo orientativo... mándovos o proceso aínda que cada dispositivo é un pouco diferente...

Screenshot_2020-04-20-11-59-24-993_com.m
Screenshot_2020-04-20-12-04-11-569_com.a
Screenshot_2020-04-20-12-00-38-714_com.a
Screenshot_2020-04-20-12-01-36-811_andro
bottom of page